Un
ambiente persoal de aprendizaxe ou PLE é un conxunto de recursos dixitais ou
ferramentas que empregamos para comunicarnos con unha rede de persoas. Os docentes
temos a obriga de dotar a noso alumnado de estratexias e ferramentas que lles
posibiliten o seu crecemento persoal na Web e este foi o motivo principal polo que me
motivou anotarme a este curso e aprender a empregar correctamente as TIC.
A continuación vou enumerar
as ferramentas que mais empreguei ao longo deste curso:
TWITTER:
ofrece moitas vantaxes para poñerte en contacto con persoas do teu mesmo ámbito
profesional. Rapidamente che aportan información, recursos, e resolverche unha
dúbida en moi pouco tempo.
FEEDLY:
é un lector de RSS que permite organizar e acceder rapidamente dende un
navegador web ou das súas aplicacións para teléfonos intelixentes a todas as
noticias e actualizacións de blogs e demais páxinas que o sistema soporta. Ademais
permite ordenar todos os contidos de maneira que facilita ao usuario aforrar
tempo por non ter que revisar unha a unha todas as fontes de noticias.
DIIGO: é un complemento para a barra de
navegación de Mozzila Firefox e permite gardar os enlaces que queiramos. Podemos
subliñar e engadir etiquetas aos documentos que temos gardados da web.
PINTEREST: é
unha plataforma para compartir imaxes que permite crear e administrar, en
taboleiros persoais temáticos, coleccións de imaxes como eventos, intereses,
hobbies e moito máis.
SOCIALWIRE: é unha rede social
educativa desenvolvida polo grupo de investigación de Carlos López Arado que
podemos darnos de alta con unha conta coorporativa da Xunta de Galicia.
WIKIS
OU “SUITES OFIMÁTICAS” NA NUBE (almacenamento na nube): son espazos online onde podemos gardar,
compartir ou recuperar arquivos tanto do noso ordenador como da web. Algún exemplos son: Google
docs, Microsoft office online, Dropbox...
Animo a todos os docentes galegos a participar neste curso pois aparte de ser moi produtivo é moi sinxelo e coa colaboración dos compañeiros resulta verdadeiramente mooi enriquecedor. Grazas titores e compañeir@s!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario