Aquí vos deixo a presentación que vimos hoxe en clase sobre o tema 7 de ciencias da natureza que trata sobre a materia e as súas propiedades.
Espero que vos sirva de guía e de axudar de cara ao estudo.
Pasádeo moi ben mañá na excursión. Vémonos xoves!
martes, 26 de abril de 2016
domingo, 17 de abril de 2016
A CURACIÓN DE CONTIDOS: DEFINICIÓN, FASES E FERRAMENTAS
Imos descubrir que é a curación de contidos. Para entendelo mellor imos estructuralo en varias partes.
QUE É ISO DA CURACIÓN DE
CONTIDOS?
A curación de
contidos consiste en buscar, atopar e seleccionar os contidos e información relevantes
para distribuílos de xeito segmentado nunha organización ou colectivo.
A curación de
contidos enmárcase nunha estratexia de aportar valor separando o gran da palla
no que se coñece como fluxo da información ou infoxicación. O sentido detrás de
todo iso reside en mellorar a capacidade de asimilación de información por
parte das empresas e evitar a saturación por exceso de información.
O obxectivo é
filtrar os contidos a través dun proceso sistemático e máis ou menos
automatizado que aforre tempo e facilite a toma de decisións.
Curar contidos supón manter un esforzo de busca
sistemático mantido no tempo e centrado nun tema ou varios temas de relevancia
para a organización ou persoa
A idea é máis ben crear un sistema que recompila e
almacene información non efímera sobre un tema. É importante que a información
teña validez no tempo e non caduque como ocorre con moita da información dos
medios de comunicación
En conclusión, curar contidos é filtrar información
con un obxectivo claro e ben definido
FASES DO PROCESO DE CURACIÓN DE CONTIDOS
- Agregación: consiste en reunir a información máis relevante sobre un tema específico nunha mesma localización. Esta localización é o que chamamos repositorios. Por exemplo: “evernote”, “inteligent watcher”
- Destilación: trátase de filtrar os contidos e ir aplicando a técnica do embudo de información para realizar un formato máis sinxelo, onde soamente as ideas máis importantes son compartidas
- Elevación: é a maneira na que a curación de contidos identifica tendencias en pequeñas pezas de información compartidas online
- Mashup: consiste na mestura de contidos curados para crear un novo punto de vista. É a base do proceso creativo e indispensable para a innovación
- Cronoloxía: búscase establecer relacións causa-efecto. Reúnese información histórica organizada sobre a base de tempo para mostrar a evolución dun tema en particular e expóñense as relación causa efecto para identificar patróns xerando alertas temperás.
As fases 1 e 2
céntranse na produtividade e eficiencia do tratamento de información. Son os
elementos básicos da curación de contidos. Os puntos 3,4 e 5 responden a
obxectivos máis elevados pero vitais para as empresas
O punto 3
supón a análise intelixente dos datos aportados pola información. É o que se
chama intelixencia competitiva/mercado e focalízase en tomar decisións.
O punto 4 é o
punto de partida para aqueles que queiran innovar e o punto 5 supón a versión máis
avanzada da curación de contidos: a alerta temperá que permite xerar máis
ventas e adiantar acontecementos
FERRAMENTAS
- Ready4Social: permite xestionar as publicacións das túas redes sociais seleccionando unicamente a keyword a traballar. Tamén poden extraerse contidos novidosos importando a feed de calquera blog que te chame a atención
- Paper.li: selecciona automaticamente os contidos coas palabras clave que selecciones e crea facilmente unha publicación dixital que se difundirá a través das redes sociais
- Symbaloo: organiza todos os teus contidos online dunha maneira fácil para navegar por internet
- Scoop: é unha ferramenta para reunir información, mostrala e compartila en internet. Tamén no ámbito educativa estase utilizando o termo curación de contidos para facer referencia á tarefa de buscar fontes de información confiables, filtralas e difundilas.
- Pinterest: permite a creación de taboleiros sobre temas específicos. A estes taboleiros pódenselle ir incorporando todo tipo de imaxes, vídeos, denominados pins que enlazan coa URL e unha imaxe.
- Buffer: é unha excelente aplicación para compartir mensaxes dende aplicación como Flipboard, Evernote ou TweetDeck, entre outros.
- Feedly: é moi fácil de manexar. Soamente tes que ir engadindo aqueles blogs ou webs que che interesen, e despois directamente móstrache día a día as publicacións deses blogs. Podes organizar o contidos por carpetas
PÁXINAS WEB QUE VISITAR
martes, 12 de abril de 2016
EXPERIMENTOS SOBRE A MATERIA
Aquí vos deixo unha serie de experimentos relacionados co tema que estamos traballando en Ciencias Naturais. Espero que vos gusten!! Mañá na aula decidiremos entre todos cal é o que máis nos guste e para o martes da semana que vén realizarémolo na aula.
COLUMNA MULTICOLOR

LÁMPARA DE LAVA

LENTELLAS BAILARINAS

COLUMNA MULTICOLOR
LÁMPARA DE LAVA

LENTELLAS BAILARINAS

sábado, 9 de abril de 2016
A REFINERÍA DA CORUÑA: QUE PRODUCE?
Esta semana na aula xurdiu unha dúbida/pregunta: que
produce a refinería da Coruña?
Moitos de vós investigastedes na casa e trouxestedes as vosas conclusións por escrito para que eu as poida avaliar e por suposto puntuar de cara á avaliación final: "o voso esforzo sabedes que sempre ten recompensa"
Aquí vos deixo a solución :)
QUE PRODUCE A REFINERÍA DA CORUÑA?
Na refinaría da Coruña transforman petróleo en produtos elaborados que utilizan no seu día a día e que melloran, en boa parte, a súa calidade de vida en distintos ámbitos.
- Así, por exemplo, obteñen produtos destinados ao fogar como o gas propano e o gas butano, chamados GLP (gases licuados de petróleo), e o gasóleo C de calefacción
- Elaboran combustíbeis para vehículos, coma o gasóleo, as gasolinas e GLP (autogas), e para a industria pesqueira e a agricultura co gasóleo B e o GLP náutico. Amais fabrican combustíbeis para aviación como o queroseno.
- Producen tamén compoñentes que serven de materia primeira para empresas petroquímicas, como nafta e propileno, utilizados, por exemplo, para a fabricación de plásticos.
- E derivados para
distintos usos como son o xofre, que se utiliza como
fertilizante; o asfalto para estradas; o coque (carbón) para
industrias siderúrxicas e do cemento; e o fuel óleo, que se usa como
combustíbel para plantas de enerxía eléctrica, caldeiras e fornos.
- Asemade, a refinaría produce enerxía eléctrica cunha potencia instalada de 80 Mw que lle permite auto abastecerse e exportar á rede
A
produción típica da refinaría analízase aproximadamente do seguinte modo:
Por último un pequeno vídeo que
explica o funcionamento da refinería que foi publicado pola CRTVG e que podedes
ver no seguinte enlace:
Para rematar esta nova entrada do blog gustariame facelo con esta cita. Cada un que saque as súas propias conclusións. Boa fin de semana!!
"As
persoas máis exitosas na vida son as que se fan preguntas. Sempre están
aprendendo. Sempre están crecendo. Sempre se están esforzando" Robert
Kiyosaki.
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2016: DIABETE
O Día
Mundial da Saúde deste ano, que se celebra o 7 de abril, está centrada na
diabete.
As mensaxes centrais que a Organización Mundial da
Saúde (OMS) quere transmitir con esta campaña son:
§ A epidemia da diabete está aumentando rápidamente
en moitos paíes, e de maneira extraordinaria nos países de ingresos baixos e
medianos
§ Unha gran proporción dos casos de diabete
son prevenibles. Algunas medidas simples relacionadas co modo de vida
revelaronse eficaces para previr ou retrasar a aparición da diabete tipo 2. O mantemento
do peso normal, a realización de actividade física periódica e unha dieta sana
para reducir o risco da diabete.
§ A diabete pódese tratar. A diabete pódese
controlar e tratar para previr complicacións. O maior acceso ao diagnóstico, a
educación sobre o control persoal da enfermidade e o tratamento asequible son componente
fundamentais da resposta
§ Os esforzos por previr e tratar a diabete
serán importantes para alcanzar a meta do Obxectivo do Desenvolvemento Sostible
consistente en reducir a mortalidade prematura por enfermedades non
transmisible nuha terceira parte para 2030. Moitos sectores da sociedade teñen
unha importante función que desempeñar, en particular os gobernos, empregados,
docentes e fabricantes, así como a sociedade civil, o sector privado, os medios
informativos e cada un de nós.
OBXECTIVOS DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2016
Segundo a OMS, os
obxectivos principais deste día son intensificar a prevención, mellorar a
atención e reforzar a vixilancia sobre a diabete.
- Acrecentar a concienciación respeto do aumento da diabete e das súas abrumadoras cargas e consecuencias, en particular nos países de ingresos baixos e medianos
- Impulsar un conxunto de actividades específicas, eficaces e asequibles para facer a diabete, con medidas para previla e para diagnosticar, tratar e atender a quen a padecen
- Presentar o primeiro informe mundial sobre a diabete, que describirá a carga e as consecuencias da diabete e abogará por sistemas de saúde máis sólidos que aseguren unha mellor vixilancia, unha prevención reforzada e unha atención máis eficaz da diabete.
PÁXINAS WEB que podedes visitar:
VÍDEOS para aprender sobre a diabete:
Carol ten diabete
OMS: día mundial da saúde: diabete
Día mundial da saúde 2016: diabete
lunes, 4 de abril de 2016
TEMA 7. A MATERIA E A ENERXÍA
Aquí vos deixo uns recursos webs que podedes visitar para ir entrando en materia ( e nunca mellor dito) sobre este novo tema de Ciencias Naturais.
Neste novo tema deste 3º trimestre seguro que atoparemos un montón de experimentos interesantes para traballar en clase. Entre todos seguro que faremos algo moi interesante e productivo!!!
AVISO IMPORTANTE: agora se pinchamos enriba da imaxe xa vos dirixe directamente ao enlace web!!
Espero que vos gusten!!!


MOITO ÁNIMO rapaces!!! A POR TODAS!!!
Neste novo tema deste 3º trimestre seguro que atoparemos un montón de experimentos interesantes para traballar en clase. Entre todos seguro que faremos algo moi interesante e productivo!!!
AVISO IMPORTANTE: agora se pinchamos enriba da imaxe xa vos dirixe directamente ao enlace web!!
Espero que vos gusten!!!
- Páxinas web para traballar contidos e información interesante sobre a materia

MOITO ÁNIMO rapaces!!! A POR TODAS!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)