Imos descubrir que é a curación de contidos. Para entendelo mellor imos estructuralo en varias partes.
QUE É ISO DA CURACIÓN DE
CONTIDOS?
A curación de
contidos consiste en buscar, atopar e seleccionar os contidos e información relevantes
para distribuílos de xeito segmentado nunha organización ou colectivo.
A curación de
contidos enmárcase nunha estratexia de aportar valor separando o gran da palla
no que se coñece como fluxo da información ou infoxicación. O sentido detrás de
todo iso reside en mellorar a capacidade de asimilación de información por
parte das empresas e evitar a saturación por exceso de información.
O obxectivo é
filtrar os contidos a través dun proceso sistemático e máis ou menos
automatizado que aforre tempo e facilite a toma de decisións.
Curar contidos supón manter un esforzo de busca
sistemático mantido no tempo e centrado nun tema ou varios temas de relevancia
para a organización ou persoa
A idea é máis ben crear un sistema que recompila e
almacene información non efímera sobre un tema. É importante que a información
teña validez no tempo e non caduque como ocorre con moita da información dos
medios de comunicación
En conclusión, curar contidos é filtrar información
con un obxectivo claro e ben definido
FASES DO PROCESO DE CURACIÓN DE CONTIDOS
- Agregación: consiste en reunir a información máis relevante sobre un tema específico nunha mesma localización. Esta localización é o que chamamos repositorios. Por exemplo: “evernote”, “inteligent watcher”
- Destilación: trátase de filtrar os contidos e ir aplicando a técnica do embudo de información para realizar un formato máis sinxelo, onde soamente as ideas máis importantes son compartidas
- Elevación: é a maneira na que a curación de contidos identifica tendencias en pequeñas pezas de información compartidas online
- Mashup: consiste na mestura de contidos curados para crear un novo punto de vista. É a base do proceso creativo e indispensable para a innovación
- Cronoloxía: búscase establecer relacións causa-efecto. Reúnese información histórica organizada sobre a base de tempo para mostrar a evolución dun tema en particular e expóñense as relación causa efecto para identificar patróns xerando alertas temperás.
As fases 1 e 2
céntranse na produtividade e eficiencia do tratamento de información. Son os
elementos básicos da curación de contidos. Os puntos 3,4 e 5 responden a
obxectivos máis elevados pero vitais para as empresas
O punto 3
supón a análise intelixente dos datos aportados pola información. É o que se
chama intelixencia competitiva/mercado e focalízase en tomar decisións.
O punto 4 é o
punto de partida para aqueles que queiran innovar e o punto 5 supón a versión máis
avanzada da curación de contidos: a alerta temperá que permite xerar máis
ventas e adiantar acontecementos
FERRAMENTAS
- Ready4Social: permite xestionar as publicacións das túas redes sociais seleccionando unicamente a keyword a traballar. Tamén poden extraerse contidos novidosos importando a feed de calquera blog que te chame a atención
- Paper.li: selecciona automaticamente os contidos coas palabras clave que selecciones e crea facilmente unha publicación dixital que se difundirá a través das redes sociais
- Symbaloo: organiza todos os teus contidos online dunha maneira fácil para navegar por internet
- Scoop: é unha ferramenta para reunir información, mostrala e compartila en internet. Tamén no ámbito educativa estase utilizando o termo curación de contidos para facer referencia á tarefa de buscar fontes de información confiables, filtralas e difundilas.
- Pinterest: permite a creación de taboleiros sobre temas específicos. A estes taboleiros pódenselle ir incorporando todo tipo de imaxes, vídeos, denominados pins que enlazan coa URL e unha imaxe.
- Buffer: é unha excelente aplicación para compartir mensaxes dende aplicación como Flipboard, Evernote ou TweetDeck, entre outros.
- Feedly: é moi fácil de manexar. Soamente tes que ir engadindo aqueles blogs ou webs que che interesen, e despois directamente móstrache día a día as publicacións deses blogs. Podes organizar o contidos por carpetas
PÁXINAS WEB QUE VISITAR
No hay comentarios:
Publicar un comentario