Esta semana na aula xurdiu unha dúbida/pregunta: que
produce a refinería da Coruña?
Moitos de vós investigastedes na casa e trouxestedes as vosas conclusións por escrito para que eu as poida avaliar e por suposto puntuar de cara á avaliación final: "o voso esforzo sabedes que sempre ten recompensa"
Aquí vos deixo a solución :)
QUE PRODUCE A REFINERÍA DA CORUÑA?
Na refinaría da Coruña transforman petróleo en produtos elaborados que utilizan no seu día a día e que melloran, en boa parte, a súa calidade de vida en distintos ámbitos.
- Así, por exemplo, obteñen produtos destinados ao fogar como o gas propano e o gas butano, chamados GLP (gases licuados de petróleo), e o gasóleo C de calefacción
- Elaboran combustíbeis para vehículos, coma o gasóleo, as gasolinas e GLP (autogas), e para a industria pesqueira e a agricultura co gasóleo B e o GLP náutico. Amais fabrican combustíbeis para aviación como o queroseno.
- Producen tamén compoñentes que serven de materia primeira para empresas petroquímicas, como nafta e propileno, utilizados, por exemplo, para a fabricación de plásticos.
- E derivados para
distintos usos como son o xofre, que se utiliza como
fertilizante; o asfalto para estradas; o coque (carbón) para
industrias siderúrxicas e do cemento; e o fuel óleo, que se usa como
combustíbel para plantas de enerxía eléctrica, caldeiras e fornos.
- Asemade, a refinaría produce enerxía eléctrica cunha potencia instalada de 80 Mw que lle permite auto abastecerse e exportar á rede
A
produción típica da refinaría analízase aproximadamente do seguinte modo:
Por último un pequeno vídeo que
explica o funcionamento da refinería que foi publicado pola CRTVG e que podedes
ver no seguinte enlace:
Para rematar esta nova entrada do blog gustariame facelo con esta cita. Cada un que saque as súas propias conclusións. Boa fin de semana!!
"As
persoas máis exitosas na vida son as que se fan preguntas. Sempre están
aprendendo. Sempre están crecendo. Sempre se están esforzando" Robert
Kiyosaki.
No hay comentarios:
Publicar un comentario