Nesta nova
entrada no blog deíxovos varias diapositivas e recursos que vos poden axudar a
entender e estudar o tema da Idade Moderna: a época que se caracteriza sobre
todo polos seus grandes descubrimentos.
Vídeos sobre a Idade Moderna: reinado dos reis Carlos I e Filipe II da
dinastía dos Austría, descubrimento de América.
Un
ambiente persoal de aprendizaxe ou PLE é un conxunto de recursos dixitais ou
ferramentas que empregamos para comunicarnos con unha rede de persoas. Os docentes
temos a obriga de dotar a noso alumnado de estratexias e ferramentas que lles
posibiliten o seu crecemento persoal na Web e este foi o motivo principal polo que me
motivou anotarme a este curso e aprender a empregar correctamente as TIC.
A continuación vou enumerar
as ferramentas que mais empreguei ao longo deste curso:
TWITTER:
ofrece moitas vantaxes para poñerte en contacto con persoas do teu mesmo ámbito
profesional. Rapidamente che aportan información, recursos, e resolverche unha
dúbida en moi pouco tempo.
FEEDLY:
é un lector de RSS que permite organizar e acceder rapidamente dende un
navegador web ou das súas aplicacións para teléfonos intelixentes a todas as
noticias e actualizacións de blogs e demais páxinas que o sistema soporta. Ademais
permite ordenar todos os contidos de maneira que facilita ao usuario aforrar
tempo por non ter que revisar unha a unha todas as fontes de noticias.
DIIGO: é un complemento para a barra de
navegación de Mozzila Firefox e permite gardar os enlaces que queiramos. Podemos
subliñar e engadir etiquetas aos documentos que temos gardados da web.
PINTEREST: é
unha plataforma para compartir imaxes que permite crear e administrar, en
taboleiros persoais temáticos, coleccións de imaxes como eventos, intereses,
hobbies e moito máis.
SOCIALWIRE: é unha rede social
educativa desenvolvida polo grupo de investigación de Carlos López Arado que
podemos darnos de alta con unha conta coorporativa da Xunta de Galicia.
WIKIS
OU “SUITES OFIMÁTICAS” NA NUBE (almacenamento na nube): son espazos online onde podemos gardar,
compartir ou recuperar arquivos tanto do noso ordenador como da web. Algún exemplos son: Google
docs, Microsoft office online, Dropbox...
Animo a todos os docentes galegos a participar neste curso pois aparte de ser moi produtivo é moi sinxelo e coa colaboración dos compañeiros resulta verdadeiramente mooi enriquecedor. Grazas titores e compañeir@s!!
Imos descubrir que é a curación de contidos. Para entendelo mellor imos estructuralo en varias partes.
QUE É ISO DA CURACIÓN DE
CONTIDOS?
A curación de
contidos consiste en buscar, atopar e seleccionar os contidos e información relevantes
para distribuílos de xeito segmentado nunha organización ou colectivo.
A curación de
contidos enmárcase nunha estratexia de aportar valor separando o gran da palla
no que se coñece como fluxo da información ou infoxicación. O sentido detrás de
todo iso reside en mellorar a capacidade de asimilación de información por
parte das empresas e evitar a saturación por exceso de información.
O obxectivo é
filtrar os contidos a través dun proceso sistemático e máis ou menos
automatizado que aforre tempo e facilite a toma de decisións.
Curar contidos supón manter un esforzo de busca
sistemático mantido no tempo e centrado nun tema ou varios temas de relevancia
para a organización ou persoa
A idea é máis ben crear un sistema que recompila e
almacene información non efímera sobre un tema. É importante que a información
teña validez no tempo e non caduque como ocorre con moita da información dos
medios de comunicación
En conclusión, curar contidos é filtrar información
con un obxectivo claro e ben definido
FASES DO PROCESO DE CURACIÓN DE CONTIDOS
Agregación: consiste en
reunir a información máis relevante sobre un tema específico nunha mesma
localización. Esta localización é o que chamamos repositorios. Por exemplo: “evernote”,
“inteligent watcher”
Destilación: trátase de
filtrar os contidos e ir aplicando a técnica do embudo de información para
realizar un formato máis sinxelo, onde soamente as ideas máis importantes son
compartidas
Elevación: é a maneira na
que a curación de contidos identifica tendencias en pequeñas pezas de
información compartidas online
Mashup: consiste na mestura
de contidos curados para crear un novo punto de vista. É a base do proceso
creativo e indispensable para a innovación
Cronoloxía: búscase
establecer relacións causa-efecto. Reúnese información histórica organizada
sobre a base de tempo para mostrar a evolución dun tema en particular e
expóñense as relación causa efecto para identificar patróns xerando alertas
temperás.
As fases 1 e 2
céntranse na produtividade e eficiencia do tratamento de información. Son os
elementos básicos da curación de contidos. Os puntos 3,4 e 5 responden a
obxectivos máis elevados pero vitais para as empresas
O punto 3
supón a análise intelixente dos datos aportados pola información. É o que se
chama intelixencia competitiva/mercado e focalízase en tomar decisións.
O punto 4 é o
punto de partida para aqueles que queiran innovar e o punto 5 supón a versión máis
avanzada da curación de contidos: a alerta temperá que permite xerar máis
ventas e adiantar acontecementos
FERRAMENTAS
Ready4Social: permite xestionar as publicacións das túas redes
sociais seleccionando unicamente a keyword a traballar. Tamén poden extraerse
contidos novidosos importando a feed de calquera blog que te chame a atención
Paper.li: selecciona automaticamente os contidos coas palabras
clave que selecciones e crea facilmente unha publicación dixital que se
difundirá a través das redes sociais
Symbaloo: organiza todos os teus contidos online dunha maneira
fácil para navegar por internet
Scoop: é unha ferramenta para reunir información, mostrala e
compartila en internet. Tamén no ámbito educativa estase utilizando o termo
curación de contidos para facer referencia á tarefa de buscar fontes de
información confiables, filtralas e difundilas.
Pinterest: permite a creación de taboleiros sobre temas
específicos. A estes taboleiros pódenselle ir incorporando todo tipo de imaxes,
vídeos, denominados pins que enlazan coa URL e unha imaxe.
Buffer: é unha excelente aplicación para compartir mensaxes
dende aplicación como Flipboard, Evernote ou TweetDeck, entre outros.
Feedly: é moi fácil de manexar. Soamente tes que ir
engadindo aqueles blogs ou webs que che interesen, e despois directamente
móstrache día a día as publicacións deses blogs. Podes organizar o contidos por
carpetas
Aquí vos deixo unha serie de experimentos relacionados co tema que estamos traballando en Ciencias Naturais. Espero que vos gusten!! Mañá na aula decidiremos entre todos cal é o que máis nos guste e para o martes da semana que vén realizarémolo na aula.
Esta semana na aula xurdiu unha dúbida/pregunta: que
produce a refinería da Coruña?
Moitos de vós investigastedes na casa e trouxestedes as vosas conclusións por
escrito para que eu as poida avaliar e por suposto puntuar de cara á avaliación
final: "o voso esforzo sabedes que sempre ten
recompensa"
Aquí vos deixo a solución :)
QUE PRODUCE A
REFINERÍA DA CORUÑA?
Na refinaría da Coruña transforman petróleo en produtos elaborados que utilizan
no seu día a día e que melloran, en boa parte, a súa calidade de vida en
distintos ámbitos.
Así, por exemplo, obteñen produtos
destinados ao fogar como o gas propano e o gas butano, chamados
GLP (gases licuados de petróleo), e o gasóleo C de calefacción
Elaboran combustíbeis
para vehículos, coma o gasóleo, as gasolinas e GLP (autogas), e
para a industria pesqueira e a agricultura cogasóleo B e o
GLP náutico. Amais fabricancombustíbeis para aviacióncomo o queroseno.
Producen tamén compoñentes
que serven de materia primeira para empresas petroquímicas, como nafta
e propileno, utilizados, por exemplo, para a fabricación de
plásticos.
E derivados para
distintos usos como son o xofre, que se utiliza como
fertilizante; o asfalto para estradas; o coque (carbón) para
industrias siderúrxicas e do cemento; e o fuel óleo, que se usa como
combustíbel para plantas de enerxía eléctrica, caldeiras e fornos.
Asemade, a refinaría
produce enerxía eléctrica cunha potencia instalada de 80 Mw que
lle permite auto abastecerse e exportar á rede
A
produción típica da refinaría analízase aproximadamente do seguinte modo:
Por último un pequeno vídeo que
explica o funcionamento da refinería que foi publicado pola CRTVG e que podedes
ver no seguinte enlace:
Para rematar esta nova entrada do blog gustariame facelo con esta cita. Cada un
que saque as súas propias conclusións. Boa fin de semana!!
"As
persoas máis exitosas na vida son as que se fan preguntas. Sempre están
aprendendo. Sempre están crecendo. Sempre se están esforzando"Robert
Kiyosaki.
O Día
Mundial da Saúde deste ano, que se celebra o 7 de abril, está centrada na
diabete.
As mensaxes centrais que a Organización Mundial da
Saúde (OMS) quere transmitir con esta campaña son:
§A epidemia da diabete está aumentando rápidamente
en moitos paíes, e de maneira extraordinaria nos países de ingresos baixos e
medianos
§Unha gran proporción dos casos de diabete
son prevenibles. Algunas medidas simples relacionadas co modo de vida
revelaronse eficaces para previr ou retrasar a aparición da diabete tipo 2. O mantemento
do peso normal, a realización de actividade física periódica e unha dieta sana
para reducir o risco da diabete.
§A diabete pódese tratar. A diabete pódese
controlar e tratar para previr complicacións. O maior acceso ao diagnóstico, a
educación sobre o control persoal da enfermidade e o tratamento asequible son componente
fundamentais da resposta
§Os esforzos por previr e tratar a diabete
serán importantes para alcanzar a meta do Obxectivo do Desenvolvemento Sostible
consistente en reducir a mortalidade prematura por enfermedades non
transmisible nuha terceira parte para 2030. Moitos sectores da sociedade teñen
unha importante función que desempeñar, en particular os gobernos, empregados,
docentes e fabricantes, así como a sociedade civil, o sector privado, os medios
informativos e cada un de nós.
OBXECTIVOS DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 2016
Segundo a OMS, os
obxectivos principais deste día son intensificar a prevención, mellorar a
atención e reforzar a vixilancia sobre a diabete.
Acrecentar
a concienciación respeto do aumento da diabete e das súas abrumadoras cargas e
consecuencias, en particular nos países de ingresos baixos e medianos
Impulsar
un conxunto de actividades específicas, eficaces e asequibles para facer a
diabete, con medidas para previla e para diagnosticar, tratar e atender a quen
a padecen
Presentar
o primeiro informe mundial sobre a diabete, que describirá a carga e as
consecuencias da diabete e abogará por sistemas de saúde máis sólidos que aseguren
unha mellor vixilancia, unha prevención reforzada e unha atención máis eficaz
da diabete.
Aquí vos deixo uns recursos webs que podedes visitar para ir entrando en materia ( e nunca mellor dito) sobre este novo tema de Ciencias Naturais.
Neste novo tema deste 3º trimestre seguro que atoparemos un montón de experimentos interesantes para traballar en clase. Entre todos seguro que faremos algo moi interesante e productivo!!!
AVISO IMPORTANTE: agora se pinchamos enriba da imaxe xa vos dirixe directamente ao enlace web!!
Espero que vos gusten!!!
Páxinas web para traballar contidos e información interesante sobre a materia
Como xa sabedes o tema 6 do libro de ciencias naturais vai ser avaliado a través dun traballo e dun exposición individual na aula.
Deixarase tempo de clase para poder elaboralo!
Nesta nova entrada no blog déixavos algúns enlaces para que lle botedes algún vistaciño e poidades coller ideas para o tema do voso traballo e tamén algunha información que vos poida resultar interesante á hora de incluila no voso traballo.
Moito ánimo rapaces! Lembrade: xoves temos exame :)